Ribadeo


Compartir:

{*titulo}

Foto recepcion Alemaña

TIVO LUGAR NA TARDE DE ONTE, XOVES

Recepción no Concello

27/04/2018

O salón de plenos do Concello acolleu unha recepción ás dúas profesoras alemás do Karl Von Frisch Gymnasium, de Dusslingen (Stuttgart), Stefanie Oesterle-Piehl y Margit Back, que estes días se atopan na vila participando co IES Ribadeo Dionisio Gamallo no proxecto Erasmus + denominado El valor de la ciudadanía: la educación como fundamento del futuro en Europa, que se desenvolverá desde setembro deste ano ata setembro de 2019.

A través deste programa un grupo de alumnos e alumnas do IES Ribadeo visitará Alemaña do 17 ao 26 do vindeiro mes de setembro. E en maio de 2019 alumnado alemán viaxará a Ribadeo. 

Este proxecto enmárcase no Plan de Europeización do centro para tentar abrir aos países veciños a aprendizaxe e compartila a través de toda a comunidade educativa: do alumnado cos intercambios, do profesorado cos proxectos de formación e coas familias a través da experiencia directa dos seus fillos e fillas. 

Na recepción no Concello participaron o director do IES Ribadeo Dionisio Gamallo, Alfonso Piñeiro, así como os profesores do centro e coordinadores deste proxecto, Ángeles Ríos e Manel Yáñez. Con eles estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Educación, Deportes, Cultura e Sostibilidade Ambiental, Mariluz Álvarez, David Rivas, Farruco Graña e Paz Ermida. 

+




© 2008 Concello de Ribadeo