Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

TEÑEN COMO OBXECTIVO FACILITAR A CONCILIACIÓN ÁS FAMILIAS

Campamentos de verán

08/03/2018

Saíu a concurso a adxudicación do contrato de servizos para a execución e organización das colonias e campamentos de verán en Ribadeo, que estarán dirixidos a nenas e nenos de 3 a 16 anos.

O Concello  de Ribadeo  ven desenvolvendo  nos  últimos  anos  un  servizo  de actividades de carácter cultural, deportivo e de tempo libre que  consiste  en colonias  e campamentos  de verán, dirixidos a nenas  e nenos  de 3 a 16 anos.

A concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, explica que "por este motivo propoñemos alternativas lúdicas e formativas durante o período vacacional para os rapaces e rapazas de Ribadeo con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos”. E engade que “un dos obxectivos desta programación pasa por axudar a facilitar a conciliación ás familias durante o verán". 

Dende o 5 de marzo, tal e como se publicou no Boletín Oficial da Provincia, está aberto o prazo para presentar propostas  para a adxudicación  do contrato de servizos para a execución e organización da devandita campaña de colonias e campamentos de verán 2018. Trátase dun procedemento aberto e de adxudicación por lotes. O presuposto para o primeiro é de 28.545 euros máis IVE e para o segundo 7.090 máis IVE. 

As empresas interesadas dispoñen de 15 días naturais desde a publicación no BOP deste anuncio para presentar as súas ofertas. E poden obter máis información na sede electrónica do Concello de Ribadeo. 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo