Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto concentracion Ribadeo

A COR MALVA INUNDOU AS INMEDIACIÓN DO PAZO DE IBÁÑEZ

Concentración esta mañá

08/03/2018

Centos de homes e mulleres secundaron a concentración que tivo lugar esta mañá diante da Casa do Concello no marco da folga xeral feminista que se celebra este 8 de marzo en todo o mundo.

A Concellaría de Igualdade convocou un paro de 12 a 14 horas e a concentración que se celebrou ás 12:30 horas e na que se leron mensaxes explicativas sobre esta folga feminista de coidados, laboral, de consumo e estudantil. Foron varias as mulleres que deron lectura ás reivindicacións desta xornada. 

Diversas pancartas se puideron ver na mobilización. Unha presidía o balcón do Concello coa seguinte frase "Nin vítimas nin pasivas, somos mulleres combativas. Feminismo para avanzar" e outras foron as que despregaron as asistentes "En loita pola igualdade” ou “Querémonos libres, vivas". 

As batukadeiras puxeron a nota musical reivindicativa á xornada, que rematou cun percorrido polas rúas da vila.
En Ribadeo tamén se fixo unha chamada á participación nos actos que se desenvolverán esta tarde en Burela.

A cor malva en camisetas, bufandas, mensaxes ou paraugas inundou hoxe as inmediacións do Pazo de Ibáñez.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo