Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Bando hoxe

OS PROPIETARIOS DISPOÑEN ATA O 1 DE XUÑO PARA LIMPALAS

Masas forestais

14/02/2018

O Bando informativo e os planos dos núcleos de poboación onde hai masas forestais a menos de 50 metros das casas están colocados en preto de 100 lugares do concello ribadense. Os técnicos municipais percorreron máis de cen quilómetros para realizar este traballo.

Técnicos municipais colocaron desde o pasado luns e ata o día de hoxe en barrios e parroquias o Bando do Concello e os planos dos núcleos de poboación onde hai masas forestais que están a incumprir a lei de prevención de incendios forestais da Xunta. Todo a información está situada en preto dun cento de puntos, "co obxectivo de que non quede nin unha soa persoa en ter ao seu alcance todos os datos para proceder á limpeza das masas forestais que se atopen a menos de 50 metros de casas ou de núcleos de vivendas", segundo explicou esta tarde o alcalde, Fernando Suárez. 

O rexedor engadiu que "os nosos técnicos percorreron 102 quilómetros para levar toda esta información a cada recuncho afectado do noso concello. Todos os veciños e veciñas teñen que saber que dispoñen ata o 1 de xuño para proceder á limpeza deses terreos. De non ser así o Concello de Ribadeo impoñeralles as sancións correspondentes ou procederá á execución subsidiaria deses traballos".

Lugares onde están colocados o Bando informativo e os planos das masas forestais afectadas:
1. Noceda (entre as casas)

2. Noceda caseta bus

3. Remourelle casa de pedra carretera de Reme-Vilamar

4. Remourelle cruce

5. Remourelle Taberna de Lola

6. Remourelle igrexa

7. Remourelle escola

8. Remourelle Os Fornos

9. Arante marquesina bus

10. Arante igrexa

11. Arante teleclube

12. Arante cantina de Dina

13. Vilamariz caseta bus

14. Vilamariz teleclub

15. Bestilleiros

16. A Ponte casa Panta

17. Cedofeita marquesina cruce O Viso

18. Cedofeita igrexa

19. Cedofeita  marquesina bus

20. Cedofeita escola

21. Piñeiro desvio Piñeiro-Balboa

22. Piñeiro marquesina bus cruce A Trapa

23. Piñeiro marquesina bus

24. Couxela marquesina bus A Venda

25. Couxela igrexa-cementerio

26. Couxela teleclube

27. Couxela campo da festa

28. Couxela marquesina bus desvío nacional

29. Santalla. Porto de Abaixo, rotonda A Veiga

30. Santalla caseta bus

31. Santalla  escola

32. Santalla cantina

33. Santalla marquesina bus

34. Vilaosende marquesina bus

35. Santo tomé

36. Ove. A Graña

37. Ove. As Casas Novas

38. Ove Frieria A Vella

39. Ove Frieira A Nova

40. Ove A Capela

41. Ove A Pastoriza

42. Ove Reme de Abaixo

43. Covelas A Casa da Edra

44. Vilela Capilla

45. Vilela marquesina bus

46. Vilela  A Pena

47. Cruce As Anzas

48. As Anzas Marquesina bus

49. Saa marquesina bus

50. Covelas cruce Marelle

51. Covelas igrexa

52. Covelas polideportivo

53. Covelas O Leiteiro

54. Covelas antiga Casa Pepe

55. Covelas Reme de Arriba

56. Reme de Abaixo.Cruce carretera Veiga

57. Ove. A Palmeira

58. Pista de deporte de Ove

59. Igrexa Ove

60. Caseta bus cruce Ove

61. Escola Ove

62. Cruce Ove con estrada Santa Cruz

63. Santa Cruz

64. Reverte

65. Folgosa caseta bus

66. Cruce camping carretera cemiterio Vilaframil

67. O Coto caseta bus

68. Escola de Vilaframil (O Valado)

69. Igrexa Vilaframil

70. A Manzana Vilaframil

71. A Madanela caseta bus

72. A Madanela cruce estrada do Monte

73. San Ramón A Devesa

74. Igrexa  A Devesa

75. Marquesina bus  carretera que vai á nacional preto dos Irmandiños

76. Marquesina bus antigo Pereiro

77. Escola Cinxe

78. Estrada nacional preto do Place

79. Circulo Habanero

80. Estrada que sube a Vilandriz

81. Caseta bus cruce estrada nacional- Vilagüiz

82. Meirengos

83. Bar en San Xillao

84. Carretera San Xillao a Rinlo. Caseta bus

85. Marquesina Porto de Rinlo

86. Can Seco Rinlo

87. Zona esquelas Praza San Pedro Rinlo

88. Escola Piñeira

89. Lugar de Esquelas  cruce estreito despois de casa de Benito

90. Cruce Río

91. Igrexa Piñeira

92. Cruce Nacional – Catanga (Vilar)

93. Escola de Vilaselán

94. Cruce Vilaselán Senra

95. A Torre  Vilaselán

96. Igrexa Vilaselán

97. Cruce Esquelas Casa Susi Vilaselán

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo