Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto lavado contedores

ESTES TRABALLOS DURARÁN ATA FINAIS DA VINDEIRA SEMANA

Lavado de contedores

05/10/2017

Hoxe deu comezo o lavado dos contedores verdes tanto na vila como nas parroquias, segundo ven de anunciar o concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije. A empresa encargada de realizar estas tarefas é Urbaser, que fará 500 lavados en outubro.

O edil nacionalista explicou que "agora en outubro estamos a actuar, tal e como está previsto no contrato coa empresa Urbaser, en 500 contedores das parroquias e da vila". Jorge Díaz pide desculpas "polas molestias que se poidan ocasionar a primeira hora da mañá, xa que algún ruído producirá a limpeza destes colectores". 

A empresa Urbaser fai 1.400 lavados anuais durante tres anos (2017, 2018 e 2019). O custe total destas tarefas é de 30.000 euros.

Jorge Díaz Freije aproveitou para agradecer "o esforzo dos veciñas e veciñas que se preocupan por reciclar o lixo, por clasificado e depositalo nos contedores axeitados: verde, amarelo, vidro e cartón” e advirte que “imos vixiar de xeito máis exhaustivo os malos hábitos dunha parte da veciñanza que non pecha as bolsas antes de tiralas nos contedores ou que deixa os colchóns, sofás e enseres  en calquera lugar". E lembrou unha vez máis que "en Ribadeo contamos con punto limpo, con recollida de cartón porta a porta e de enseres. Temos un montón de servizos a disposición da veciñanza para ter a vila o máis limpa e decente posible". 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo