Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Aula Cemit

A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA

Taller de smartphones

13/09/2017

A Aula CeMIT do Concello acollerá o 2 de outubro un Taller de smartphones e tabletas para persoas maiores de 16 a 17:30 horas. As prazas son limitadas.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse na Aula CeMIT, sita na rúa Antonio Otero, 15, ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 120 732.

No taller abordaranse cuestións como as funcionalidades básicas dos smartphones, acceso, axustes, contactos, chamadas, whatsapp, mensaxes, cámara, conexións a internet, navegadores, correo electrónico, apps, etc… Toda a información sobre esta actividade destinada ás persoas maiores está na  web da Aula CeMIT: http://aulacemit.ribadeo.org/2017/09/06/smartphones-e-tabletas-para-maiores

Este taller está organizado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Aula CeMIT do Concello ribadense e Orange.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo