Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Media Maraton

O SÁBADO HABERÁ AUTOBUSES PARA TRASLADAR AOS ATLETAS

IV Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

11/09/2017

Mañá, martes, ás doce da noite rematará o prazo de inscrición na IV Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o vindeiro sábado, 16 de setembro, a partir das 17:30 horas. Ata o momento son 714 os inscritos, que poderán retirar os seus chips e dorsais esa xornada entre as 11:15 e as 13:15 horas pola mañá e de 15 a 17 horas no Concello.

Desde a organización lembran que estarán a disposición dos participantes os vestiarios do pavillón polideportivo municipal, sito na avenida de Luarca, tanto para cambiarse antes da proba como para ducharse unha vez rematada. Ademais haberá autobuses cada quince minutos para trasladar aos atletas antes da Media Maratón desde a praia das Catedrais ata o Concello. Será entre as 15 e as 16:45 horas. Así como recollida e traslado de mochilas de corredores desde o Concello ata As Catedrais. 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo