Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

PARA CASTRO O PP QUERE ANOTARSE O TANTO

Áreas recreativas

08/08/2017

O concelleiro responsable da Área de Parques e Xardíns, Vicente Castro, asegura que o equipo de goberno é coñecedor do estado no que se atopan algunhas áreas recreativas de Ribadeo. O edil atribúe esta situación a varias baixas temporais que se produciron nas últimas semanas e tamén aos retrasos que acumulan as contratacións a través do Risga e do Depu Emprego. Castro subliña que no prazo duns días estes puntos estará limpos.

O edil ribadense comentou que "na actualidade temos un déficit importante de persoal neste área debido ás baixas que se rexistraron nas últimas semanas. Estamos pendentes do Risga e do Depu Emprego, pero ambos acumulan retrasos duns dous meses nas contratacións. E mentres nós seguimos agardando. A todo isto que engadir que a climatoloxía do mes de xullo, con moito calor e moita humidade ocasionou que a herba medrase moito". 

O concelleiro de Medio Rural subliñou que "de todos os xeitos nesas áreas vaise actuar en breve. E desa información dispón o PP, eles saben que se van limpar e desbrozar e uns días antes sacan as súas críticas para así apuntarse o tanto. Iso tamén o ten que saber a xente. Eles son coñecedores dos plans do equipo de goberno e queren facerlle crer á opinión pública que grazas ás súas denuncias estamos a actuar e iso non é así e eles sábeno".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo