Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

FOI PRESENTADA HOXE POLA COFRARÍA DE PESCADORES

Festa do Percebe en Rinlo

22/07/2009

A alcaldesa en funcións, Mariluz Álvarez Lastra, convida a todos os ribadenses e visitantes á VI Festa do Percebe que se celebrará en Rinlo o vindeiro sábado a partires das doce da mañá. A cita gastronómica foi presentada este mediodía en Rinlo pola cofraría de pescadores de Ribadeo, que é a organizadora do evento a través da asociación de percebeiras. Contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.

A concelleira de Cultura e alcaldesa en funcións, Mariluz Álvarez Lastra, convidou esta mañá a todos os ribadenses e visitantes a que acudan o vindeiro sábado 25 á VI Festa do Percebe que se celebrará a partir das 12.00 da máñá e durante todo o día no porto de Rinlo.

A edil nacionalista explicou que "dende o Concello de Ribadeo e dende a Asociación de Percebeiras pertencentes á Cofradía de Pescadores de Ribadeo queremos convidar a todos os veciños da nosa vila, como non, aos veciños do pobo de Rinlo e aos nosos visitantes, a que este sábado día 25 a partires das 12 da mañá acudan ao porto de Rinlo para degustar este prato tan típico das nosas costas como é o percebe". Mariluz Álvarez afirmou que "o Concello de Ribadeo e tamén as percebeiras esperamos que o éxito de anos anteriores se repita nesta edición. Como a súa denominación indica estamos xa pola sexta festa o cal quere dicir que é un evento gastronómico, cultural e cun valor turístico e posta en valor do pobo de Rinlo importante, que está moi consolidado". Os organizadores porán á venda uns 700 kilos de percebes e as racións venderánse a 11 euros.

A alcaldesa en funcións engadiu que "polo tanto, animamos a todas as persoas que visiten ese día Ribadeo e tamén aos que residen na nosa vila a que acudan ao porto da Rinlo o 25 de xullo a partires das doce da mañá para poder disfrutar deste día, desta comida, dos percebes, e como non tamén, dun día de festa, de relación e de coñecemento do único pobo pesqueiro que ten pervivencia no noso concello e que ten unhas características fundamentais e diferentes dentro do municipio".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo