PARTICIPAN 60 RAPACES CHEGADOS DESDE VARIAS AUTONOMÍAS
Ribadeo acolle ata o domingo un campus de balonmán polo que pasou onte Julen Aguinagalde, o mellor pivote do mundo. Con él estiveron o concelleiro e o técnico municipal de Deportes, David Rivas e Iván López.
Sesenta rapaces chegados de Murcia, La Rioja, País Vasco, Asturias ou Galicia participan no campus de balonmán que se desenvolve en Ribadeo ata o vindeiro domingo e no que se dan cita xogadores da selección española de balonmán. Con eles estiveron nas últimas horas o concelleiro de Deportes, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Os rapaces están a combinar adestramentos nas instalacións deportivas de Ribadeo con outros na praia, ademais de facer visitas a areais ou paseos pola ría.
Onte, martes, visitou o campus Julen Aguinagalde, mellor pivote do mundo, internacional absoluto coa selección española de balonmán desde o 2006, foi campión do mundo en 2013 e subcampión de Europa en 2016. En Ribadeo estivo tamén Jota González, adestrador do Naturhouse La Rioja, da liga Asobal de balonmán e o seleccionador español de promesas.
E aquí seguen Gurutz Aguinagalde, porteiro do Naturhouse La Rioja, que debutou coa selección este mesmo ano. Gurutz é irmán de Julen. E Rubén Garabaya, pivote do Naturhouse La Rioja, internacional coa selección española, foi campión do mundo e bronce olímpico.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo