Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto escolas deportivas

OFÉRTANSE 135 PRAZAS EN SEIS MODALIDADES

Escolas deportivas de verán 2017

15/05/2017

Mañá, martes, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán 2017 do Concello de Ribadeo, que nesta edición ofertan como novidade rugby praia. Están destinadas a rapaces/as nad@s entre 2002 e 2009. O concelleiro de Deportes, David Rivas, subliña que "o prezo de cada escola segue sen subir e mantense nos 40 euros".

Nenas e nenos ribadenses poderán gozar este verán de actividades como pesca deportiva, piragüismo, remo, surf, vela e rugby praia. Rivas explica que "o prazo de matrícula estará aberto desde mañá ata o inicio da escola ou fin de prazas. Pode facer na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e os xoves de 16 a 19 horas". As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte teléfono 982 129 889, ao correo deportes@ribadeo.org ou ao perfil de facebook www.facebook.com/DeportesRibadeo 

En pesca deportiva ofértanse 20 prazas. O curso será os días 3, 5, 7, 10, 12, 14, 17, 19, 22, 26 e 28 de xullo de 10 a 14 horas. En vela haberá 15 prazas. O curso impartirase en xuño de luns a venres de 16 a 20 horas. Empeza o día 16.

En surf as prazas que se oferta son 20. En xuño celebrarase de martes a venres de 16 a 18 horas e dará comezo o día 6. E en xullo terá lugar do 3 ao 7 de 16 a 18 horas. 

En piragüismo haberá tamén 20 prazas e a presentación será o 26 de xuño ás catro da tarde. Establécense dous grupos, A e B, que os luns de xullo e tamén os días 7, 17, 21, 23 e 24 de agosto recibirán clases de 16 a 19 horas. Ademais o grupo A asistirá os martes de xullo e os días 2 e 9 de agosto de 16 a 19 horas. E o grupo B os mércores de xullo e os días 3 e 10 de agosto, no mesmo horario de catro a sete da tarde. 

En remo ofértanse 30 prazas. A escola terá lugar en setembro. Os luns, martes, xoves e venres será en horario de 19 a 21 horas e os sábados de 10 a 12:30 horas. E 30 prazas haberá tamén en rugby praia, que se impartirá os luns, xoves e venres de xullo en horario de 10:30 a 13 horas. 

Desde a Concellaría de Deportes lembran que "nestas escolas con límete de prazas teñen preferencia os empredoad@s/escolarizad@s en Ribadeo". E engaden que "o pagamento da taxa deberá facerse efectiva na conta corrente do Concello en Caixa Rural antes do inicio da escola. No concepto debe poñer Matrícula escola deportiva e debe figurar o nome do matriculado. O resgardo debidamente cumprimentado ten que ser entregado na Casa da Xuventude. A falla do ingreso implicará a baixa na/s escola/s".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo