Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Corpo Muller

A SAÍDA PARA O TALASO DE XIXÓN SERÁ ÁS 14:30 HORAS

Corpo de Muller

20/04/2017

A Concellaría de Igualdade programa varias actividades para esta fin de semana. O sábado haberá un baño de sol e movemento no faro da Illa Pancha e o domingo será a viaxe ao Talaso de Xixón. Ademais desde mañá, venres, e ata o vindeiro mércores, 26 de abril, chegarán ás parroquias do rural técnicas de auto coidado e benestar para as mulleres. 

Desde a Concellaría de Igualdade e desde CIM explican que "Corpo de Muller foi un programa posto en marcha o pasado setembro pola Concellería de Igualdade dirixido a aquelas mulleres que desexen mellorar a súa utilización corporal  cun método de fisioterapia suave, progresivo e activo, a reeducación postural global. Como remate deste programa Corpo de Muller o sábado, 22 de abril,  levárase a cabo un baño de sol e movemento no faro de Illa Pancha. Sairase andando ás 10.30 horas desde o Cantón para chegar ao faro e facer unha hora de exercicios de reeducación  postural  global, nese marco tan espectacular para facer exercicio ao aire libre".

Desde o CIM engaden que "desde este venres, 21 de abril, ata o vindeiro mércores, día 26, se desenvolverá o programa Amigo Corpo, que ten como finalidade levar ás parroquias do rural técnicas de auto coidado e benestar das mulleres. Por este motivo impartirase unha sesión que contén elementos teóricos e prácticos co fin de que as persoas asistentes consigan unha serie de ferramentas sinxelas para o auto coidado diario do seu corpo e a prevención de lesións. Esta actividade desenvolverase dentro do programa  de dinamización das parroquias, polo que se concentrará nas de Rinlo, Vilaosende, Remourelle e Vilela".

Por outra banda, para rematar o domingo, día 23, "sairemos ás 14.30 horas  para ir pasar a tarde nas instalacións do Talasoterapia de Xixón, no que se cubriron todas as prazas ofertadas", engaden desde a organización.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo