Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

O CONCELLO INFORMA A TRAVÉS DUN BANDO DO ALCALDE

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica

19/04/2017

Do 20 de abril ao 20 de xuño estará aberto o período de pago voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

Os abonos poderán realizarse nas oficinas de Abanca, La Caixa, Banco Sabadell e BBVA de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas presentado o documento de ingreso que, a tal efecto, se remire ao domicilio dos contribuíntes.

O Concello advirte que aquelas persoas que, por calquera circunstancia, non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na entidade bancaria e realizar, igualmente, o pagamento.

Documentación

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo