Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto aparcamento

O REXEDOR PIDE DESCULPAS POLAS MOLESTIAS QUE SE OCASIONEN

Aparcamento en Rosalía de Castro

17/03/2017

O Concello levará a cabo obras de mellora no aparcamento da Rosalía de Castro. Estes traballos darán comezo o vindeiro luns, 20 de marzo, e mentres tanto habilitaranse uns terreos situados a carón da estación de autobuses. Anunciouno esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor quixo "dar un aviso de colaboración para toda a veciñanza porque a partir deste luns, desde ás oito da mañá, pretendemos que quede cortado este aparcamento que hai en Ribadeo moi céntrico, na avenida Rosalía de Castro ao pé do supermercado Gadis, que estamos utilizando o Concello de Ribadeo desde hai tempo. Aínda que non é un aparcamento público municipal, os terreos non son públicos pero están cedidos, e agora vimos de renovar ese convenio cos seus propietarios cando menos durante un ano máis".

Fernando Suárez Barcia dixo que "agora queremos, atendendo a multitude de fochancas e do moito po que se produce co vento, facer unha compactación de todo en xeral, con zahorra estabilizada e reparar a entrada que está bastante deteriorada".

O alcalde contou que "durante uns días non vai estar accesible para ninguén, temos que facer uns traballos que esperemos que nos leven o menor tempo posible, confiamos en que para Semana Santa estea operativo para todo o mundo. Mentres tanto conseguimos a autorización amable tamén, que valoramos moito, dos propietarios duns terreos situados ao final da avenida Rosalía de Castro, pasando a estación de autobuses, para que poidamos utilizar eses prados tamén como aparcamentos. Xa son utilizados en momentos puntuais da época estival, pero agora tamén nos autorizan a que o fagamos circunstancialmente e é algo que tamén agradecemos".

Fernando Suárez engadiu que "valoramos que a xente entenda que durante uns días non vai poder aparcar neste aparcamento céntrico da avenida Rosalía de Castro. Debemos lembrar tamén que este tipo de aparcamentos cedidos en precario, aínda non sendo de titularidade municipal, resolven un problema de aparcamento importante. De feito temos estes convenios asinados con outros propietarios da rúa Lazurtegui, da avenida de Galicia ou mesmo na rúa Pintor Fierros, sen prexuízo que estamos en negociacións con novos puntos para facilitar que en tanto non se constrúa, eses solares poidan ser utilizados polo público en xeral para aparcar os seus turismos".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo