Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto premios Ribadeo de tapeo

OS GAÑADORES FARÁN MAÑÁ UNHA DEGUSTACIÓN GRATUITA

Entrega dos premios "Ribadeo de tapeo"

10/06/2009

Os gañadores do "Ribadeo de tapeo" ofrecerán mañá xoves unha degustación gratuita das tapas premiadas. No Concello presentóuse hoxe o libro recopilación das tapas da pasada edición que estará á venda ao prezo de 3,60 euros nas librarías.

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu a entrega dos premios aos gañadores do IV Ribadeo de tapeo que foron Cervecería Raxería Pizzbur (mellor tapa do ano), La Lira (mellor tapa tradicional) e O Alén (mellor barra). Houbo ademáis dous mencións especiais do xurado para o Bar Galicia e O Cantón. O alcalde, Fernando Suárez, destacou "o éxito notabilísimo de participación de bares, mesóns e restaurantes que en número de 31 ofreceron as tapas ás miles de persoas que se achegaron e ateigaron os establecementos de Ribadeo durante a semana e media que durou este evento".

O rexedor sulilñou unha das novidades desta edición do Ribadeo de tapeo "por iniciativa dos galardoados haberá unha degustación gratuita este xoves de oito da tarde a once da noite das tapas que resultaron premiadas. Pizzbur, A Lira, O Alén O Cantón e Bar Galicia queren convidar a todos aquelas persoas que queiran acudir a probar as tapas que foron merecedoras dos premios nesta cuarta edición".

No acto desenvolvido esta mañá no Concello presentóuse o libro recopilación das tapas do ano anterior "que estará a venda nas librarías de Ribadeo ao prezo de 3,60 euros e ademáis quixemos no prólogo facer unha mención especial a unha persoa moi querida en Ribadeo, recentemente falecida, que é Víctor Novo Mourelle que rexentaba O Alén. Desde o Concello, desde a organización quixemos lembrar a súa memoria e adicarlle este libro recopilatorio", explica Fernando Suárez.
E tamén se celebrou o sorteo de agasallos entre as persoas que probaron 17 ou máis tapas durante a celebración deste evento gastronómico que disfrutarán dunha estancia de dúas noites nun balneiro e de dúas noites tamén nunha casa de turismo rural. Os afortunados son: Carlos Lagarón Gómez (turismo rural) e Carmela Cociña (balneario).

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo