Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

NESTA OCASIÓN ACTÚASE EN 200 RECIPIENTES

Lavado de contedores

22/08/2016

O Concello comezou hoxe unha nova campaña de lavado dos contedores verdes no casco urbano e nas parroquias, segundo ven de anunciar o edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije.

O concelleiro nacionalista dixo que "agora neste mes agosto facemos outros 200 contedores nas zonas que máis o precisen, nas que se produzan máis cheiros ou que estean un pouco máis afectadas, é dicir sobre todo onde máis se usan eses colectores".

Díaz Freije pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar estes días: "o lavado de contedores vaise facer a primeira hora da mañá e desde o Concello pedimos desculpas polas molestias que se poidan causar ás veciñas e aos veciños de Ribadeo".

Limpergal é a empresa luguesa que se encarga do lavado dos colectores verdes en Ribadeo.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo