SERÁ ESTE VENRES, 26 DE FEBREIRO, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE
O Concello, en colaboración coa asociación de nova creación de apicultores Os Abelleiros de Ribadeo organiza unha xornada formativa práctica sobre a avespa velutina, co obxectivo de dar a coñecer as diferenzas deste tipo de insecto, a explicación do ciclo da mesma e os diferentes modos de eliminación dos seus niños.
A charla contará coa participación do experto viveirense José María Vázquez en exterminación de avespas velutinas, que recentemente creou un sistema para protexer as colmeas.
Os organizadores salientan a importancia e a difusión destas xornadas ante a ameaza que supón este tipo especie para a biodiversidade e o medio ambiente en xeral.
A charla, que será gratuíta e aberta a todo o público, terá lugar este venres, 26 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar.
A avespa velutina pode causar importantes estragos e problemas para a comunidade de apicultores, fruticultores, madeireiros e ao medio ambiente en xeral. É por iso que o Concello quere "convidar a asistir a esta charla a toda poboación. No acto abordarase todo o necesario para aprender sobre a vida e o comportamento deste insecto así como o modo de proceder ante a presenza desta avespa asiática, considerada como moi daniña polo seu gran impacto ambiental".
Xa ao final da xornada a asociación Os Abelleiros levarán a cabo a súa presentación ante a sociedade, expoñendo as razóns polas que se crearon e os seus obxectivos de traballo conxunto.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo