Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto lume 1

NESA ZONA XA HOUBO LUMES DURANTE O VERÁN

Incendio en Ove

29/09/2015

Novo conato de incendio na parroquia ribadense de Ove, a carón da N-642. O lume xa foi controlado.

Esta tarde producíase un novo conato de incendio na parroquia ribadense de Ove, a carón da N-642, nos mesmos lugares onde xa se rexistraron lumes nos meses de xuño e xullo pasados. Todo apunta a que foi intencionado.

O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que "levamos varios incendios nesta zona, todo apunta a que foron intencionados. Agardamos que as forzas de seguridade dean pronto dean co autor ou autores do acontecido e que reciba o castigo que merece".

O lume que se rexistraba esta tarde está controlado. Na súa extinción participaron medios locais e tamén brigadas contra incendios.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo