Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

SERÁ ÁS 20:00 HORAS

Pleno extraordinario o 27 de abril no Concello

24/04/2009

A Casa do Concello acollerá o vindeiro luns 27 de abril unha sesión plenaria de carácter extraordinario a partires das oito da tarde. No pleno someteráse a aprobación o expedente para a concesión da medalla de ouro de Ribadeo a título póstumo a Don Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo.

Tamén se someterán a debate e aprobación outros asuntos, coma o expedente relativo a investigación de fonte pública en Porto de Arriba, Vilausende; a iniciación de expedente de desafectación e permuta en A Ponte, Arante e a adhesión do Concello de Ribadeo ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE,s).

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo