Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

foto domingos

FORON ORGANIZADAS POLA CONCELLARÍA DA MULLER E O CIM

Actividades para mulleres en Ribadeo

07/04/2009

A Concellaría da Muller e o CIM de Ribadeo organizan diversas actividades destinadas ás mulleres que foron presentadas esta mañá pola edil, Mariluz Álvarez Lastra. Durante o mes de abril e o de maio haberá un curso de fotografía dixital e dúas rutas de sendeirismo.

O sábado 18 de abril dará comenzo un curso de fotografía dixital que se desenvolverá na Escola de Ove os sábados de 11:30 a 13:30 ata finais de maio. Segundo a concelleira de Muller "as mulleres poderán iniciarse na fotografía dixital e no seu tratamento a través da informática, por exemplo. Iniciarse en algo artístico e tamén como unha maneira de comunicar". O curso é totamente gratuito e o único que teñen que facer as interesadas é anotarse nas oficinas do CIM ubicadas no Auditorio Municipal ou chamar ao teléfono do CIM 982 120 739.

E o 19 de abril comenzarán Os domingos a pé que "son unhas rutas de sendeirismo que facemos para compartir e disfrutar do tempo de ocio que temos para nós e achegarnos ao noso patrimonio cultural e artístico", explica Mariluz Álvarez Lastra. O domingo 19 de abril a ruta será por Santa Eulalia de Oscos e a segunda terá lugar o 24 de maio por Vilaodriz. A saída de Ribadeo, nos dous casos será ás 11 da mañá e a volta entre as cinco e as seis da tarde. Neste caso a actividade tamén é gratuita e para apuntarse as interesadas en participar deben facelo no CIM en horario de 8:30 a 15:00 horas. Estas rutas estarán dirixidas por Pena Tallada e pola Asociación Paco Lanza.
Esta programación foi acordada no seu día polo Consello Municipal da Muller de Ribadeo.

A concelleira de Muller e Cultura lembra que tamén o 19 de abril haberá teatro en Ribadeo coa posta en escea da obra Unha primavera para Aldara “que está moi orientada aos temas da muller, por eso as convido a que acudan a ver esta representación que terá lugar ás 20:30 horas”.

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo