Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto recepcion

O EQUIPO ESTARÁ EN RIBADEO ATA MEDIADOS DE NOVEMBRO

Malabo Kings

30/10/2014

No salón de plenos tivo lugar esta tarde a recepción que o Concello lle ofreceu ao equipo de baloncesto Malabo Kings, de Guinea Ecuatorial, que estes días fai parte da súa pretempada en Ribadeo.

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou a importancia que ten a presenza deste equipo tanto desde o ámbito deportivo pola calidade das instalacións coas que conta Ribadeo e das que poden disfrutar os equipos que se acheguen ata a vila, así coma pola proxección turística do concello. Ao acto asistiron os xogadores e o corpo técnico de Malabo Kings, que aproveitan o seu tempo libre para coñecer Ribadeo e os seus arredores.

Na recepción participaron os concelleiros de Deportes e de Turismo, Vicente Castro e Ana Martínez, e os portavoces do PP e do PSOE, Manuel Valín e Eduardo Gutiérrez, respectivamente, ademáis do técnico municipal de deportes, Iván García. Malabo Kings estará en Ribadeo ata mediados do vindeiro mes de novembro. Hugo López, adestrador de Malabo Kings, destacou a acollida que lles brindaron tanto desde o Concello coma desde o hotel O Cabazo, no que están aloxados.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo