Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

castro grobas

COMENZARON ESTA SEMANA E DURARÁN UN MES

Excavacións arqueolóxicas no castro das Grobas

26/03/2009

Esta semana comenzaron as excavacións arqueolóxicas no castro das Grobas en Vilasélán en busca de datos sobre a súa orixe e a súa relevancia. O castro foi visitado este mediodía polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.

Comenzaron as excavacións arqueolóxicas no castro das Grobas de Ribadeo para situalo na época histórica na que foi construido e para analizar si merece a pena desenterralo na súa totalidade. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, explicou que "o luns desta semana iniciáronse os traballos das catas arqueolóxicas neste castro potencialmente tan importante como é o castro das Grobas en Vilaselán, grazas ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, propietaria destes terreos, e quen sufraga o custe destas excavacións que é a Dirección General de Costas dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino".

O rexedor sinalou que "estas catas, que se están facendo en tres ámbitos duns 25 metros cadrados cada un de superficie, entendemos que durante un mes van botar luz e van arroxar moita información sobre as potencialidades que poida ter este castro. Haberá que datar a ver en que época concreta se sitúa si antes ou durante a romanización, e entendemos que esto pode ser moi importante desde o punto de vista arqueolóxico e tamén desde o punto de vista turístico para Ribadeo".

Suárez Barcia engadiu que "si o resultado destas excavacións arqueolóxicas, que están dirixidas por persoal técnico cualificado, arroxan información a Dirección General de Costas podería sufragar a excavación total deste castro, pero hai que ser cautos e prudentes ata que se remate este estudio e ver si a información que sae á luz fai relevante que este castro se poida desenterrar".

As excavacións foron visitadas este mediodía polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo