Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

ASÍ O CONFIRMOU ESTA TARDE O ALCALDE

Máis de 60 vendedores montarán mañá os seus postos

24/03/2009

Un total de 65 vendedores ambulantes poderán montar mañá os seus postos no mercado dos mércores de Ribadeo. O rexedor, Fernando Suárez, así o asegurou esta tarde e lembrou que "o resto non poderán participar nesta cita ata que abonen polo menos todos os pagos correspondentes ao 2008.

Son 65 os vendedores ambulantes que nesta xornada teñen ao día os seus pagos co Concello de Ribadeo para poder montar mañá os seus postos no mercado semanal. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que "o resto non poderán participar nesta cita ata que abonen polo menos todos os pagos correspondentes ao 2008. Si fose así poderían montar xa, senón deberán pagar primeiro para voltar a participar no mercado dos mércores de Ribadeo".

Por outra banda, o rexedor sinala que "o Concello ten desde hai anos desde a Área de Desenvolvemento Local unha bolsa de emprego, igual que outros concellos e igual que outras institucións; é un servizo de intermediación no mercado laboral a través do cal as empresas poden facer unha oferta de emprego a este Concello e despois o Concello, a través deste servizo, manda os curriculums que se adaptan aos perfiles que requiere a empresa en cuestión".

Fernando Suárez engade que "neste caso Lidl, como noutros casos ocorreu con outras empresas nos últimos anos, fixo unha oferta ao Concello, que é pública porque se atopa colgada no taboleiro de anuncios da oficina da Área de Desenvolvemento Local. O Lidl fixo pública esta oferta, o Concello publicitouna e polo tanto non hai ningún tipo de favoritismo, senón todo o contrario. Nosoutros o que queremos desde o Concello é garantir a información e ¿cómo se atreven a decir que o Concello actúa con oscurantismo? Este é un servizo que favorece a búsqueda de emprego dos veciños deste Concello nunha época de crise na que o que facemos é facilitar información. Aquelas persoas que teñan eses perfiles, que nos manden os curriculums, que nós a través deste servizo llos remitiremos á empresa. Repito é un sevizo para poñer en contacto a oferentes con demandantes de emprego e nada máis".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo