Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

NO CONCELLO ASINÓUSE HOXE A ACTA DE REPLANTEO

Comenzan as obras de urbanización do polígono industrial

24/03/2009

O Concello acolleu este mediodía a sinatura da acta de replanteo previa ao inicio das obras do polígono industrial. Este parque empresarial ten, segundo os datos facilitados por SEPES, 18 hectáreas, nas que poderán ubicar 50 empresas que xerarán uns 400 empregos. As obras de urbanización que realizará a empresa FFC Construcción, S.A., suporán un orzamento que se achega aos 5 millóns de euros. O alcalde, Fernando Suárez, di que hoxe é un día histórico para Ribadeo.

O rexedor considera que "hoxe é un día histórico para Ribadeo porque se asinou a acta de replanteo previa ao inicio das obras do polígono industrial, con esta actuación que leva adiante SEPES, a empresa pública do Ministerio de Vivenda e FCC que á a adxudicataria das obras de urbanización. A partires do día de hoxe empezan a contar os 11 meses nos que a SEPES se comprometeu a executar o polígono industrial tan demandado desde hai tantos anos en Ribadeo, e podemos dicir que para a primavera que ven o polígono será unha realidade feita, construida e constatada e que nestes 115.000 metros cadrados de superficie neta poderánse instalar arredor dunhas 50 empresas que poden xerar unha chea de postos de traballo, máxime nesta situación económica tan delicada que está atravesando a nosa sociedade".

Suárez Barcia engade que "eu como alcalde de Ribadeo quero expresar no nome de todos os ribadenses a nosa felicitación, a nosa noraboa para que estas cousas que se iniciaron despois de que se puidera desbloquear o tema da subestación eléctrica entre a Consellería de Industria, SEPES, Begasa e o Concello sexan unha realidade. Penso que esto foi o elemento definitivo que desbloqueou todos estes trámites que levamos anunciando xa desde hai moitos meses en canto a licitación, adxudicación de obras, etc, etc… Ao mesmo tempo debo decir que o que era a obra competencia do Concello que era a de levar a auga ao polígono foi adxudicada a Aquagest hai unhas semanas e nestes días empezan tamén as obras que terán unha duración moito menor á que vai ser a de urbanización do propio polígono industrial".

O rexedor sinala que "logo nosoutros xa estamos traballando con SEPES para que nos digan canto antes os prezos finais de parcela para poder expoñelos ao público, para darlles a máxima información a todos os interesados e ao mesmo tempo tamén dialogamos con SEPES para garantir que a venda de parcelas sexa sempre baixo criterios de explicitar que é o que se quere poñer aí. Non queremos que se especule máxime nestes momentos con que determinadas persoas poidan comprar sen uso definido determinadas parcelas para logo vendelas ou arrendalas. Desde logo eso non o vemos con bós ollos e SEPES está de acordo con nosoutros e queremos que todas as parcelas que se vaian vendendo vaian ligadas a algunha actividade concreta para poderen ser vendidas senón eso desde logo deberá revertir outra vez na SEPES. Debo decir que hoxe é un día moi importante para Ribadeo porque por fin despois de moitísimos anos hoxe formalmente queda constatado no papel que se da o pistoletazo de saída ás obras de execución do polígono industrial de Ribadeo".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo