Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Fernando Suárez refírese á subestación eléctrica

"Non temos problema en dar a máxima información", sinala o alcalde

23/03/2009

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, recibiu este mediodía un escrito do delegado provincial de Innovación e Industria sobre a subestación eléctrica. O rexedor di que "non temos problema en dar a máxima información" e asegura que "non se está a obstruir nada desde o Concello, senón máis ben desde a propia Xunta, tal e como queda patente neste escrito, e consultado coa Consellería de Innovación e Industria o que está a exposición pública é a subestación, pero aínda non o trazado".

O escrito que Ramón Cortés lle remite a Fernando Suárez di así: "en contestación ao escrito enviado por vostede a esta delegación provincial, infórmaselle que o expediente correspondente á subestación de Ribadeo, que se está a tramitar nesta delegación coa denominación de Subestación Ribadeo 132/20kV (Sistema 132/kV) e o número de identificación 36/2008 AT, se atopa en información pública e xa foi remitido a ese Concello para a súa exposición no Taboleiro de Edictos. Por outra banda o expediente 5/09 AT, correspondente á LAT 132 kV E/S Subestación Folgosa en Ribadeo, aínda non saiu a información pública, actualmente encóntrase á espera de que a empresa Viesgo achegue documentación pendente para continuar coa tramitación do mesmo, elaborando por esta delegación provincial o correspondente informe técnico".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo