Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Q calidade

PARA DOUS AREAIS E BANDEIRA VERDE PARA O CONCELLO

Q de calidade turística

11/06/2013

O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, viaxou a Madrid onde recolleu as Q de calidade turística que o ICTE lles concedeu ás praias de As Catedrais e Os Castros-Illas e a bandeira verde coma concello responsable que recibe tamén, un ano máis, Ribadeo. O edil nacionalista amósase satisfeito pola consecución destes galardóns.

Cupeiro sinalou que "un ano máis as praias de As Catedrais e Os Catros-Illas contan con este galardón que é a Q de calidade turística. Estes areais foron avaliados polo ICTE (Instituto de Calidade Turística Española). Estes recoñecementos acaba de entregalos no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo o seu titular, José Manuel Soria". Tamén recibiu a Q de calidade turística o Real Club Náutico de Ribadeo.

O concelleiro de Medio Ambiente engadiu que "tamén se nos entregou outro galardón neste caso no Ministerio de Sanidade e Consumo, que son bandeiras verdes aos municipios responsables co medio ambiente. Recibímola en tres conceptos: residuos, limpeza viaria, parques e xardíns; compromiso ambiental e tamén educación ambiental. Desde o goberno local o que queremos é dar a noraboa aos veciños por este galardón e animalos a continuar pola senda desta mellora continua que levamos adiante desde Ribadeo".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo