Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto do Concello de Ribadeo

DEBATIRANSE TRES MOCIÓNS

Pleno no Concello

20/05/2013

Mañá, martes, haberá pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Será a partires das 20 horas. O pavillón polideportivo municipal, as terrazas na vía pública ou as participacións preferentes e subordinadas centrarán dita sesión.

Na orde do día figuran puntos coma o expediente para reintegro de indemnizacións por danos e perdas con motivo da rescisión do contrato de obras de reforma do pavillón polideportivo municipal; o informe sobre solicitude de concesión de ocupación de bens de dominio público para obras da EDAR de Ribadeo, a instancias da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar; e tamén a ordenanza reguladora do uso do aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal.

Outro punto será a dación de conta de decretos da Alcaldía. Rogos e preguntas. E no capítulo de mocións someteranse a aprobación unha do PSOE sobre o mantemento das oficinas tributarias de Foz e de Monforte e dúas do BNG: para a creación dunha área sanitaria de xestión integrada da Mariña e sobre diferentes accións e acordos en relación cos afectados polas participacións preferentes e subordinadas.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo