Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Concello Ribadeo

NUNCA HOUBO TANTA POR PARTE DO PP, DI O ALCALDE

Crispación nos plenos

04/12/2012

O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o que actúa de xeito crispado nos plenos é o voceiro popular e convida a veciños e veciñas a asistir a estas sesións para que vexan o que acontece realmente. Deste xeito resposta ás críticas vertidas nas últimas horas polo grupo municipal do PP.

O rexedor ve "con sorpresa e con tristura estas declaracións, que pouco menos que acusan ao alcalde de comportamento ditatorial nos plenos, etcétera". Suárez Barcia cre que "se debe comparar a nosa etapa ao fronte do goberno municipal con épocas pasadas, precisamente gobernando o Partido Popular, para ver cando un é ditador ou non. Porque desde o goberno municipal lles ofrecemos entrar na xunta de goberno, membros do Partido Popular foron designados e están agora mesmo en órganos con representación municipal como os consellos escolares, teñen cumprida información de todos os asuntos cruciais e participan deles e toman decisións como si fosen goberno, como pode ser no plan xeral de ordenación municipal, teñen despacho e asignación económica os grupos da Corporación como nunca antes tiveron. É dicir, que se compare todo o que está pasando a día de hoxe co que ocorreu en momentos anteriores e pretéritos".

O alcalde ribadense lembra que "sempre busquei en todo o tempo que levo na política activa consenso entre todos os grupos e seguireino a facer, antes sen maioría e agora con ela, pero sempre coa mesma idea clara de loita polo ben deste pobo. Pero vexo efectivamente que nos plenos estase desatando unha agresividade verbal por parte do portavoz do PP da que nunca quixemos comentar nada, pero non nos gusta a crispación, a agresividade e o comportamento que está chamando a atención. Moléstanse ás veces porque lles chamamos hipócritas e o toman como un insulto. Nosoutros si dicimos que son hipócritas cando nos piden que baixemos os impostos cando nós os conxelamos e Feijoo e Rajoy o que fan é subilos non é un insulto, é un cualificativo".
Para saír de dúbidas Fernando Suárez fai un chamamento "a toda a veciñanza para que veñan aos plenos, que son públicos, para que vexan precisamente cal é o comportamento, cales son as formas, cales son as maneiras de todos e cada un dos representantes do pobo".

E engadiu que "desde logo é moi reprobable como fan membros do Partido Popular, que non son nin concelleiros siquera, que en momentos nos que o goberno municipal está investindo como nunca no hospital asilo de Ribadeo eles o que están facendo é descafeinar todas estas actuacións, como é o cambio de toda a carpintería de exteriores, e como aproveitan para ir alí facerse fotos con xente que non está na súa plenitude mental. É algo que nos parece pouco adecuado como un lugar para ir facer política e é algo que criticamos e por iso non nos deben chamar ditadores, senón que estamos dicindo honestamente o que pensamos: que estamos moi a desgusto con esta política de emporcar e de agresividade verbal como nunca pasou no Concello de Ribadeo nos últimos anos".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo