Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto pavillon Ribadeo

AS OBRAS TIÑAN QUE ESTAR LISTAS O PASADO MES DE XULLO

Pavillón polideportivo

28/11/2012

O vindeiro venres haberá pleno extraordinario no Concello no que se abordará a situación na que se atopan as obras do pavillón polideportivo municipal. Éstas tiñan que estar rematadas o pasado mes de xullo e atópanse paralizadas. O pleno terá que pronunciarse sobre o inicio do expedente de resolución de contrato coa UTE que estaba a realizar esas obras por incumprimento de prazos.

O rexedor, Fernando Suárez, subliñou que "o asunto máis importante que se abordará nesa sesión será a situación na que se atopan as obras do pavillón polideportivo municipal, eses traballos que se están a executar con aportación íntegra da Deputación Provincial de Lugo. Ese edificio e esa infraestructura suporá un impulso moi importante de cara o deporte base de Ribadeo".

Suárez Barcia explicou que "á vista dos continuos retrasos que se están a observar na execución das obras por parte da UTE que as realiza, desde o Concello xurídicamente víuse que das solucións é optar por iniciar o procedemento de resolución do contrato por incumprimento de prazos, sen entrar nos motivos da paralización, sen saber si obedecen a circunstancias económicas das empresas que forman esa UTE dada a situación económica actual, ou si é porque realmente se ven incapacitadas para rematalas por outros motivos. Pero diante da falla de resposta por parte desta UTE e xa que pasaron os prazos de entrega iniciamos dito procedemento".

O alcalde de Ribadeo indicou que "o primeiro paso foi transmitirlle esta cuestión á Deputación Provincial de Lugo para asegurarnos que se transmitiran os fondos pendentes para a vindeiro ano 2013, dado que neste seríanos francamente difícil xustificalos e estes fondos son os que garantirán o remate das obras. Xa a Deputación nos deu unha resposta favorable. Tamén de todo isto lle demos conta á xunta de portavoces e á comisión informativa celebrada na tarde onte e agora o pleno pronunciarse sobre ese o inicio do expedente de resolución de contrato por incumprimento de prazos, dado que as obras debían estar rematadas en xullo de 2012 e en novembro aínda non concluiron".

Outro dos asuntos que se abordarán no pleno extraordinario do venres é a aprobación definitiva da RPT dos traballadores do Concello, "é dicir das normas que regulan as cualidades e o que teñen que facer os diferentes postos de traballo do Concello de Ribadeo. Este asunto sometéuse a aprobación inicial hai uns meses, houbo un período de exposición pública, algúns sindicatos e algúns traballadores a nivel individual presentaron alegacións, algunhas estimáronse e outras non, e agora trátase de que o pleno aprobe definitivamente esta valoración de postos de traballo".

Fernando Suárez manifestou que "a RPT pretende adaptar os postos de traballo do Concello á realidade social que nos toca vivir e que persegue unha maior funcionalidade, que persegue unha maior adaptación ás capacidades dos traballos que se poidan facer no Concello, e que planee sobre todos e cada un deles unha maior versatilidade nas funcións de todos e todas. Co maior dos respectos a todos os traballadores e traballadoras, pero o goberno municipal ten que tentar optimizar ao máximo todos e cada un dos postos de traballo do Concello".

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo