Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

O CONCELLO SUXIRE QUE SE MANTEÑA ESTA DENOMINACIÓN

IES Dionisio Gamallo Fierros

19/09/2012

Fernando Suárez, o alcalde, agarda que o recentemente denominado IES de Ribadeo recupere o nome do polígrafo Dionisio Gamallo Fierros "porque non é un demérito para ninguén".  

O alcalde de Ribadeo tamén se referiu hoxe ao recentemente estreado nome de IES de Ribadeo, o centro que aglutina ao Dionisio Gamallo Fierros e ao Porta de Auga. Suárez Barcia dixo que "esta proposta, que partiu dun rogo presentado por parte do concelleiro do PSOE, pero que logo desde a Alcaldía propuxemos que entre todos era mellor que forzaramos un punto adicional no pleno ordinario e todos os grupos así o estimamos (o Bloque, o PP, o PSOE e mais UPRI), e non é outra que suxerir ou pedirlles aos responsables do centro educativo e da Conselleria que despois desta integración no IES Dionisio Gamallo o centro siga levando este nome, porque non é un demérito cara a ninguén". O rexedor explicou que "de feito o Porta da Auga seguirase chamando así, aínda que agora alí só vai haber ciclos formativos e neste outro non se fai mal a ninguén si se segue chamando como dende hai anos, que é o nome de Dionisio Gamallo Fierros, un persoeiro moi querido en Ribadeo e que tivo moito que ver con ese centro educativo nas formas que tivo ese centro hai moitos anos e agora coas novas formas e con esta fusión, é importante que o nome deste polígrafo ribadense perdure nese centro".

Suárez Barcia está convencido de que así será, "porque aínda que o Concello non ten a capacidade para nomear edificios educativos que non son da súa propiedade nin da sua xestión eu penso que si a Corporación Municipal, de maneira unánime, dos trece concelleiros dos catro grupos que a formamos, indicamos de boa maneira que nos gustaría que seguira chamándose así, dubido que haxa alguén que non o vaia facer".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo