Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Concello Ribadeo

FESTIVOS LOCAIS NO 2013: MARTES DE ANTROIDO E SAN ROQUE

Apoio da Corporación a Alcoa

18/09/2012

Na sesión plenaria de onte déuse o apoio unánime da Corporación Municipal ao escrito do comité de empresa de Alcoa sobre o establecemento dunha tarifa enerxética competitiva para o centro de traballo de San Cibrao e en defensa dos postos de traballo. Fernando Suárez advirte que si isto non é así e Alcoa opta por abandoar a zona "estaremos diante da setencia de morte da comarca da Mariña". Tamén se aprobou unha proposta da Alcaldía sobre a posible supresión de servizos de Feve.

O rexedor relatou que no pleno ordinario de onte aprobóuse tamén a conta xeral do exercizo de 2011, "na que segue habendo un remanente positivo, é dicir desde o goberno municipal gastamos un pouquiño menos do que ingresamos. Se iso puidera ser cuestionable noutros momentos, porque non executaríamos todo o presuposto, nos últimos anos sempre nos queda un pequeniño remanente para ir atendendo ás necesidades de pagos. E a realidade é notablemente diferente que hai cinco ou seis anos, pero para ben". Suárez Barcia tamén se referiu á modificación das bases de contratación laboral temporal, "sobre todo no sentido de deixar a porta aberta a poder facer unhas lista de agarda do mesmo xeito que na universidade, nos hospitais, no Sergas ou en moitos concellos nos que as teñen establecido para aqueles postos de traballo con moita rotación, como poden ser a axuda a domicilio, onde ás veces necesitamos que unha baixa sexa cuberta de xeito inmediato. Para garantir a obxectividade queremos abrir uns prazos para que a xente presente as súas titulacións e méritos, que se poidan avaliar por parte dun tribunal técnico, e que poida ser público a través da páxina web ou dos rexistros públicos para que vexan en qué situación se atopan en cada momento".

O alcalde de Ribadeo dixo que "foi moi importante aprobar esa proposta da Alcaldía en relación coa posible supresión de servizos do tren de Feve. Sabemos que o globo sonda de Feve, e que agora por mor das eleccións galegas está paralizado, moito nos tememos que volten á carga coa supresión de servizos, argumentando que non son rentables". Fernando Suárez lembrou que "algunhas paradas na comarca se atopan en lugares terceiromundistas e a moita distancia dos núcleos de poboación, por iso moitas veces o tren non é atractivo para moita xente. Non é lóxico suprimir servizos nun momento de crise, no que os combustibles están tan caros e no que a xente precisa deste servizo para ir aos hospitales de Burela e de Jarrio, ou para ir facer trámites ás oficinas do Corpo Nacional da Policía en Viveiro. Si estas liñas desaparecen nos horarios de máxima afluencia de pasaxeiros estaremos cargando un dos eixos vertebradores da comarca en materia de comunicacións".  

Por unanimidade aprobóuse un escrito de respaldo a loita do comité de empresa de Alcoa "sobre este escuro futuro que parece que vai ter no caso de que o goberno do Estado non estableza unha tarifa enerxética competitiva para o centro de traballo de San Ciprián e en defensa dos postos de traballo. Sabemos que Alcoa non quere nin ser subvencionada nin que o Estado asuma parte do custe dos kilowatios que consume, pero como gran consumidor de enerxía precisa dunha tarifa competitiva, como noutros países de Europa, senón corremos o risco de que esta empresa se deslocalice para outro lugar, e si iso se chega a dar sería a sentencia de morte da comarca da Mariña". Fernando Suárez engadiu que "desde Ribadeo quixemos aportar o noso grao de area polas familias de aquí que traballan en Alcoa, quixemos ter o compromiso institucional unánime de toda a Corporación para que o goberno do Estado dunha vez por todas resolva esta cuestión".

No 2013 serán festivos locais en Ribadeo: o martes de antroido e o día de San Roque. A elección do martes de antroido realizóuse porque o vindeiro ano cae en domingo o día da patrona.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo