20/05/22
O plan de formación no rural do Concello de Ribadeo volve en xuño con dous novos obradoiros. Haberá un de cestería en Covelas o día 11 e outro de xardinería en Vilaframil o 18. Para participar é preciso inscribirse no teléfono do Concello 982 128 650 antes do 3 de xuño.
19/05/22
Os días 21 e 22 de maio disputarase en Ribadeo o XIII Torneo Infantil da SD Ribadeo, que reunirá a 400 nenos de 21 equipos de Galicia, Asturias e Cantabria. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello. No acto interviñeron o xefe territorial de Deportes, Manuel Otero, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, o concelleiro de Deportes ribadense, Jorge Díaz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez.
18/05/22
18/05/22
16/05/22